lunes, 26 de septiembre de 2011

A MULLER ÁRBORE: WANGARI.



Escoito nas noticias que acaba de morrer Wangari Muta Maathai, a "muller árbore". 
Para saber mais pincha aquí

ADIVIÑA QUÉ LIBRO SON 3º - 4º

Neste concurso tes que adiviñar de qué libro falamos a partir das pistas que imos dando durante a semana, unha cada día. Cando saibas a resposta escribe nun papel o título do libro, o seu número de rexistro e o que pon na etiqueta lateral e non te olvides de escribir o teu nome e curso por se eres o gañador ou a gañadora.



PISTAS: 
1ª A historia que eu conto é moi intrigante.
2ª O pobo onde transcorre a historia que conto chámase "Novo".
3ª Os nomes dos protagonistas son Mariña, Paio, Diego e Sabela.
4ª Querían averiguar qué ocorría na torre da igrexa.
5ª Despois da caída de Mariña descubriron que non eran unha pantasma o que alí había.

viernes, 23 de septiembre de 2011

martes, 20 de septiembre de 2011

MALETA VIAXEIRA : ALVARO CUNQUEIRO.



Desde a Asesoría de bibliotecas escolares -grazas Pilar e Cristina- chegounos paseniño unha maleta chea de materiais sobre o escritor. Canto imos aprender e disfrutar!









ADIVIÑA QUÉ LIBRO SON 5º- 6º

Neste concurso tes que adiviñar de qué libro falamos a partir das pistas que imos dando durante a semana, unha cada día. Cando saibas a resposta escribe nun papel o nome do libro, o seu número de rexistro e o que pon na etiqueta lateral e non te olvides de escribir o teu nome e curso por se eres o gañador ou a gañadora.



PISTAS:

1ª Aínda que conto unha historia interesante non son unha novela.
2ª O protagonista da miña historia realmente non é un, senón que son varios pertencentes a mesma familia.
3ª Estou falando duns animais mariños incansables, xa que si paran para descansar, asfíxianse e morren.
4ª Estes amigos asustan un pouco, sobre todo, cando ensinan os dentes e son uns mestres da caza.

jueves, 15 de septiembre de 2011

LIBROS SOBRE O MAR

Desde a biblioteca animámosvos a que nos axudedes a buscar libros relacionados  co mar e que nos comentedes sobre eles:  por qué vos gustan, por qué os recomendades, qué vos pareceu máis interesante...

Un libro que recomendamos é:




Botádelle unha ollada...Vaivos encantar!

Recordade que podedes comentar  todos os días e que a Galiña Azul sempre responde!

miércoles, 14 de septiembre de 2011

NOVIDADES

Xa  temos rulando polas aulas a primeira caixa de novidades do curso. Alí atoparedes entre outras marabillas os cuadernos viaxeiros do curso pasado. Botádelles unha ollada no tempo de ler . ..

AUXILIARES DE BIBLIOTECA. CURSO 2011.

QUERES SER AUXILIAR DE BIBLIOTECA?


-Estás en 4º, 5º ou 6º de Primaria?

GUSTARIACHE.

- COIDAR DA BIBLIOTECA ALGÚNS RECREOS?
- AXUDAR A MANTER O ESPAZO LIMPO E ORDEADO?
-SABER COLOCAR OS LIBROS EN CALQUERA BIBLIOTECA DO PLANETA?
-COLABORAR EN ACTIVIDADES INTERESANTES E DIVERTIDAS?


ENTÓN... PODES SER UN OU UNHA FANTÁSTICA AUXILIAR BILIOTECARIA.

SÓ TES QUE ESCRIBIR OS TEUS DATOS NUNHA FOLLA E DEPOSITALOS NO BUZÓN DA GALIÑA AZUL .

POÑEREMONOS EN CONTACTO CONTIGO INMEDIATAMENTE.

martes, 13 de septiembre de 2011

CHEGOU NOVA CAIXA DE KALANDRAKA!






.
Onte recibimos unha caixa coas últimas novidades desta querida editorial, recén saídas do forno, cheirando a tinta e a novo.
Estamos desexando rexistralas e colocalas na caixa para que rulen por todas as clases.

HORARIO

A biblioteca este curso abrirá os luns e mércores no recreo.

A Galiña Azul

lunes, 12 de septiembre de 2011

BENVIDA

A Galiña Azul dávos a benvida ao novo curso escolar 2011/2012. Moito ánimo para todas e todos!!