martes, 25 de septiembre de 2012

PARTES DUN LECTOR

Aquí tedes as partes dun lector para que vexades a importancia de cada unha delas, prestádelle atención. Saúdos



jueves, 20 de septiembre de 2012

22 RAZÓNS PARA LER

Comezamos o curso 2012-2013 e eu, a Galiña Azul, quero deixarvos 22 razóns para ler (picade enriba da foto), para que disfrutedes do pracer da lectura e vivades novas aventuras. Ánimo para este curso.



miércoles, 27 de junio de 2012

jueves, 14 de junio de 2012

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. LESSMORE

Aquí vos deixo un fantástico corto que espero que vos guste moito, a min encantoume e por iso quero compartilo con vós. Agardo os vosos comentarios. Unha aperta da Galiña Azul.

martes, 5 de junio de 2012

PASAPALABRA 5º

Os de 5º tamén participaron no concurso do pasapalabra do "Rosco do Mar". A verdade é que o fixeron moi ben e pasárono xenial. Aquí vai unha pequena mostra do concurso:




O equipo campión é:


E o equipo subcampión é:




martes, 29 de mayo de 2012

PASAPALABRA 6º

Hoxe comezamos o concurso de PASAPALABRA cos "Roscos do Mar", co grupo de 6º. Foi moi divertido e os participantes moi bos. Aquí tedes unhas fotos dese momento:












O equipo campión foi:


E o equipo subcampión é:





jueves, 17 de mayo de 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade que naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Está enterrado no seu Lérez natal. Escolarizouse en Pontevedra e posteriormente estudiou a carreira de Dereito en Santiago. foi sempre membro activo da vida universitaria. Nos seus tempos de estudiante inicia a súa aproximación ó galeguismo, guiado nos seus postulados teóricos polo feito que supuxo a creación das Irmandades da fala.
Aínda moi xove, Paz Andrade, evidencia un especial talento periodístico. Colabora en diferentes revistas comoGrialOuteiro ou O Ensino. Nos seus artigos aborda temas de lingua e literatura, dedicándolle unha especial atención á figura de Castelao, ó que coñece nesa época.
Foi mobilizado polo Desastre de Annual e enviado a África. Posteriormente, debido a unha infección, é evacuado á península e declarado inútil para o exército.
A partir de 1921 exerce de avogado en Vigo. Entre 1922 e 1926 dirixe nesta cidade o xornal Galicia, unha alternativa liberal e democrática que aglutinaba destacadas personalidades da vida e a cultura galegas, entre elas a Castelao, quen aportaba os seus debuxos e as súas caricaturas. En 1924 pasa dous meses na cadea de Vigo, por dous artigos que publicara. En 1957 volve outro mes á cadea. O xornal Galicia, co que xurdiu a gran escola de caricaturistas galegos, foi pechado pola dictadura de Primo de Rivera.
Milita no Partido Galeguista, na formación do cal participa. En 1931 preséntase con Castelao e Cabanillas ás cortes constituíntes, non saíndo elexido por unha diferencia de poucos votos. En 1934 é nomeado Secretario do Partido Galeguista, en substitución de Castelao, que fora desterrado a Badaxoz. En 1936 colabora na campaña polo Estatuto de Galicia. Nesta época asesoraba como avogado ás asociacións de armadores pesqueiros. Sofre dous atentados, o primeiro en Vigo, o segundo en Verín, onde fora desterrado logo do alzamento franquista. Trasládano despois á Serra de Queixa e Pobra de Trives, onde coñece a Pilar, coa que casa en 1939. Anos máis tarde regresa a Vigo, sen que ninguén lle comunicase o fin do seu desterro.

En 1940 nace o seu fillo Alfonso. Mantén contactos cos republicanos e despois da morte de Castelao en 1950 relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos en Arxentina e intensifica a súa relación co mundo da pesca e a súa colaboración coa FAO. En 1976 e 1977, despois da morte do Dictador, representa a Galicia na "Comisión dos dez", que negociou a transición co goberno español presidido por Adolfo Suárez, e nas eleccións democráticas que teñen lugar ese último ano foi elexido senador por Pontevedra dentro das listas da Candidatura Democrática Galega. En 1978 pronuncia o discurso de ingreso na Real Academia Galega, da que é membro desde 1964.
Valentín Paz Andrade, xa desde moi cedo, demostrou unha viva preocupación polos temas pesqueiros e pola máis xeral problemática socioeconómica de Galicia. Impulsor de Pescanova, empresa da que foi vicepresidente, e técnico da FAO, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización das Nacións Unidas para misións internacionais en Hispanoamérica. Tamén, dentro deste eido, dirixiu a revista de economía e tecnoloxíaIndustrias pesqueras e é o autor do primeiro tratado sobre Principios de economía pesquera, editado pola FAO. Destaca tamén a súa faceta de conferenciante e participante en numerosos congresos internacionais da ONU sobre agricultura e alimentación.

Poeta da Xeración de 1925, iníciase na literatura en 1921 coa publicación da novela Soldado da morte. En 1955 aborda o eido da poesía con Pranto matricial, no que evoca a morte de Castelao. Continuará esa liña en Sementeira do vento (1968), libro no que canta á paisaxe, ás xentes, ó exilio e ós poetas galegos. Cen chaves de sombra (1979) eCartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986) son as dúas últimas obras poéticas. Ademais das múltiples contribucións a libros e publicacións periódicas, é autor tamén dos ensaios Galicia como tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán (1976),La marginación de Galicia (1970), A galeguidade na obra de Guimarães Rosa (1978) e Castelao na luz e na sombra(1982), unha das máis completas biografías do autor de Rianxo.
Como promotor que é dos estudios económicos en Galicia, publicou numerosas obras sobre o mundo da pesca e a actividade económica en Galicia.

martes, 24 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Onte, 23 de abril, celebrouse o Día Internacional do Libro, e desde o blog da Galiña Azul querémosvos animar a que sigades lendo, mergullándovos en novas aventuras e novos coñecementos, que celebredes o día do libro todos os días e visitedes a nosa biblioteca para seguir enriquecéndovos coa lectura.

Aquí vos deixo un proverbio hindú sobre o que é un libro:

"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado é un amigo que espera; olvidado, unha alma que perdoa; destruido, un corazón que chora"

viernes, 23 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O mércores 21 de Marzo celebrouse o "Día Mundial da Poesía" e no cole traballamos e decoramos unhas poesías de diferentes autores galegos. Aquí tedes unhas fotos do voso traballo.
Saúdos,

                   A Galiña Azul





miércoles, 14 de marzo de 2012

CARLOS CASARES

O venres 9 de marzo recordamos a Carlos Casares, tras dez anos do seu falecemento. A profe Cris recordounos brevemente a vida e obra deste autor e despois leunos o conto da Galiña Azul. Aquí tedes unhas fotos dese día.


viernes, 24 de febrero de 2012

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe é o 175 aniversario do nacemento da mellor escritora en lingua galega de tódolos tempos, celebramos o día de Rosalía de Castro. Para lembrala podedes visionar esta versión cantada por Lucía Pérez de "Adios ríos, adios fontes", poema incluido no libro Cantares Galegos.

jueves, 26 de enero de 2012

CONTO PARA O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Co motivo da celebración do día da Paz e a Non violencia o próximo día 30 de xaneiro, desde a biblioteca da Galiña Azul querémosvos invitar a que escoitedes esta historia titulada "Un chocolate moi especial"

martes, 24 de enero de 2012

PREMIADOS POLA SÚA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE RELATOS CURTOS

Os nenos que participaron nos relatos curtos foron premiados pola Galiña Azul cunha libretiña e un lapis. Os seus relatos estarán expostos na biblioteca para que os poidades ler.