viernes, 2 de diciembre de 2011

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE NADAL 2º E 3º CICLO

Eu, a Galiña Azul, teño unha proposta para vós. Como se achega o Nadal ocorréuseme facer un concurso de relatos curtos sobre o Nadal. Todos coñecedes historias de Nadal, verdade? Pois agora tócavos inventar a vosa.
Non podedes sobrepasar o medio folio de extensión (xa que se trata de relatos curtos).
O prazo máximo de entrega será o mércores 14 de decembro. Entregádeos na caixa "concurso" que está entrando a esquerda na biblio.
Non vos esquezades de escribir o voso nome e curso para que poida saber de quen é cada relato.
Podedes acompañar o relato cun debuxo do mesmo.
Moito ánimo e a escribir.
Un saúdo,
                              Galiña Azul